Co gallo das festas do Corpus de Ourense 2008, celebrouse no recinto do campo da feira, entre os días 20 e 22 de Xuño, a II Festa do Marisco de Ourense.

Como non podía ser doutra maneira, unha comisión chopeira capitaneada por elchoperomásmadero, fixo un estudio de campo sobre o que alí se cocía. Para elo contaron cunha fichaxe de excepción: elirlich. Elirlich é un afamado crítico cetáceo chegado dende o curaçao da Ría de Arousa: Boiro.