"A esmorga" é a novela máis popular e lida de Blanco Amor. Tivo que publicarse por primeira vez en Buenos Aires, no 1959, ante a negativa da censura franquista. É unha novela na que alcanzan especial brillo as virtudes de Blanco Amor como escritor.
A trama discurre da seguinte maneira:
O narrado é algo que sucedeu hai algún tempo na cidade de Auria. Cibrán é un picapedreiro, un acusado que declara ante un xuíz, centrando a súa declaración na tráxica historia del e dos seus compañeiros: o Bocas e o Milhomes, homes marxinais da sociedade.
Cibrán conta que cando vai cara o traballo atopa o Bocas e o Milhomes bébedos nunha carreteira, e convencenno para que vaia con eles de esmorga. Pasan o día enteiro (no que chovía abundantemente) polos baixos fondos da cidade de Auria, de borracheira, vagando por varios lugares e bebendo sen cesar.
Despois de seguir vagando por Auria, o Milhomes ten a idea de ir a un pazo onde traballa un parente seu, quen lles invita a quedarse na bodega.... e aquí comenza a nósa historia...

Eu irei.l